"Xan Carallán fixo unha casa con merda de can,
saíu pra fóra, mirou pra ela:
- ¡coño, esta casa non ten chimenea"
Onte, con ocasión da entrada do libro de Blanco Amor, actualizaba cunha foto da Catedral de Ourense. E hoxe lembréime desta outra máis ferinte. Non, non é unha montaxe aínda que o pareza, tristemente é real.
Nin o fútbol nin a "telebasura" son cultura, ni fan nada pola cultura, o único que conseguen é embrutecernos un pouquiño máis. Se a xente se interesase pola cultura, se existise máis afeizón pola cultura, non permitirían que os intereses económico-especulativos ultraxasen desta forma á Historia e ao Arte. Ou iso, ou é que queremos moi pouco á nosa cidade. Ou as dúas cousas xuntas.

Aínda lembro todo a barullo que provocou a nova de derrubar o campo de fútbol para levalo a Seixalbo, ou o peche de catro bares na Zona Vella, nembargantes, contra a barbaridade que vemos na foto, pouca oposición houbo. Reparadade uns minutos na foto e reflexioade. Mire por onde se mire, é unha vergonza o que fixeron co contorno da Catedral.
Que máis ten, a fin de contas e para moita xente, todo o relacioado coa Cultura, coa Historia, coa Arte, é moi aburrido, lerias para intelectuais, disque. Pois nada, terreo aboado para se sigan cometendo salvaxadas como as da foto sen encontrar máis oposición que a dos "catro intelectuais de turno". Que atentados contra o patrimonio cultural semellantes hai uns cantos por Galicia e por España adiante. Pero eso sí, o horario dos bares e o fútbol, nin os toquedes.

Asdo: Un afeizoado ao fútbol que non chega a culto, pero que sinte un grande respecto pola Cultura e bastante amor por Auria.
Ahora molaría que se fuese a vivir "La Juani" al Tercero Izquierda y pusiese a secar su colección de bragas de cara a la plaza, para que la foto quedase guay del todo. Lamentéibol...
ResponderEliminar