sábado, 27 de marzo de 2010

A petición de...





Ben, parece que a algunha xente gustoulle a actualización adicada ás entradas de concertos e que ademáis están interesados nalgunha delas.

Pois veña, atendendo a petición, aquí vai outra remesa (A dos Killers Jhaiteiros aparece na primeira fila). Algunha (xa repetín tres veces algunha, pero e que hoxe estou menos lúcido do normal, que mal me senta saír de noite, jajajaj) xa está repetida do outro día, e todas elas correspóndense con concertos dos primeiros anos dos Noventa e na cidade de Ourense. Estou seguro de que hai moitas máis acochadas nos rincóns máis escuros do meu armario, xa irán aparecendo.




P.D.: Se queredes ver as imaxes máis ampliadas, só tendes que facer click sobre elas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario