martes, 16 de marzo de 2010

A Bela Auria





Fágome eco dunha nova que lin hoxe pola mañá nun do meus blogs favoritos: o blog ourensanista "Ourense no tempo", e que recolle a iniciativa da Asociación Cultural "A Bela Auria" para organizar unha festa da Historia (cun carácter diferente a esas festas de Historia de sobra coñecidas que se celebran nalgunha vila da provincia) que se remontará no tempo uns cen anos para recrear os anos de esplendor cultural da cidade de Ourense, cando era coñecida como "a Atenas de Galicia".

Paréceme unha iniciativa bastante orixinal e interesante, e mira tí por onde, que xa non necesitaréi dunha máquina do tempo para viaxar ao Ourense de comezos do século pasado, como fixen nunha entrada recente neste blog.

Seguiréi atentamente as novas relativas ás actividades programadas para esta festa. De momento, esta é a información que hai. E sí, por suposto, e como diría Otero Pedrayo: "¡Adiante Bela Auria!"

7 comentarios:

  1. Joder que pesadito estas con Orense.

    ResponderEliminar
  2. Pois sí, e sinto dicirche que aínda quedan moitas actualizacións adicadas a Ourense.

    Aclaro que este é un blog ourensanista feito por un ourensán. Que a súa temática é variada, pero que co paso de tempo iráse centrando en cousas relacionadas con Ourense, que para mín, ademáis de ser a cidade na que nacín e na que quero vivir, o feito de interesarme pola súa historia converteuse nunha afición máis,das moitas que teño. E isto non é nada novo, o tema interésame xa dende hai moitos anos. Do mesmo xeito que teño un blog de música, tamén apetéceme ter un adicado ao pasado e ao presente de Ourense.

    Ademáis, e feita esta aclaración, se non che gusta o blog non sei para que carallo entras nel, non é obrigatorio. Estaría ben que no MEU blog non poidese falar do que me veña en gana. Cousas veredes.

    Ah, e outra cousiña máis, Orense non existe, chámase Ourense.

    ResponderEliminar
  3. Pois a min, personalmente, gustanme moito as entradas sobre Ou... sempre está ben aprender cousas novas! Que sigan!

    ResponderEliminar
  4. Pois moitas grazas, e a ver se de paso consigo que algún día firmedes os vosos anónimos, que non pasa nada por facelo, e ademáis e non sei porqué, penso que por aquí nos coñecemos todos ;) Saúde my friend.

    ResponderEliminar
  5. ¿Pero te gusta Orense por que te gusta de verdad o por que nunca salistes de allí y no vistes nada mas?

    ResponderEliminar
  6. Bien, con respecto a éste último comentario, tengo que decir que actualmente vivo en Santiago, y que Santiago de Compostela es la cuarta ciudad en la he vivido desde que hace diez años comencé con mi "peregrinaje" laboral. Y sí, Ourense, con sus virtudes y defectos de ciudad pequeña, me gusta de verdad. Sé que no es la ciudad más bonita del mundo, a lo mejor ni siquiera es bonita (en estos casos soy poco objetivo), pero a mí es la que más me gusta.

    "Pinta tu aldea y serás universal" y yo soy de OU.

    ResponderEliminar
  7. En definitiva, no es que no haya salido, es que además he vivido en otras tres.

    ¿por qué te molesta tanto que me guste OU y que además en MI blog hable de Ourense a la mínima ocasión? la verdad es que no lo entiendo.

    ResponderEliminar