
Outra rúa dificilmente recoñecible, trátase do tramo final da Rúa do Progreso. Unha rúa que cambiaría o seu nome de antigua carretera de Castilla polo actual a finais do século XIX e que albergaba grande parte dos mellores edificios de pedra da cidade (xa subiréi fotos dalgún destes edificios, porque a maioría xa non existen).
Na foto vemos as obras de contrucción do Parque Infantil nos terreos onde se ubicaba a Alameda do Cruceiro. Ao fondo da imaxe a Ponte Romana que comunicaba Ourense co actual barrio da Ponte.
Por esta rúa é por onde se ía ao "Lisardo", pero hoxe non haberá incursión nocturna, que o "Bocas" e o "Milhomes" están de resaca e ninguén me fai un pé para ir. Bailaréi Charlestón eu soíño na miña casa.
* Fotos escaneadas do libro "El Ourense Perdurable" de Anselmo López Moráis

¡Pois abofé que dabamos algo por verte beilando un charlestón na casa!
ResponderEliminarDábades? e ló ¿cantos sodes? jajaja.
ResponderEliminarMira tí que problema, será por beilar, como non o fago nunca...;)
Charlestón, swing, pasodobles, a muiñeira de Chantada e o que se me poña por diante!!!
Está usté hecho una cupletista en toda regla!
ResponderEliminarSí, y con club de fans...
ResponderEliminar