
Xa tiña bastante abandoada a temática adicada a ourensáns ilustres, se ben, ningún dos dous cos que actualizo hoxe son ourensáns de nacemento, pero coma se o fosen, xa que eu os lembro de toda a vida pululando polas nosas rúas.
A pasada fin de semana circulaba nos abrevadoiros habituais o rumor do falecemento de "O Nano". ¿Será verdade? Intentaréi confirmalo en próximas días. O certo é que fíxoseme raro non velo pola zona vella nas pasadas festas perseguindo a algunha rapaza.
Personaxe popular das rúas ourensáns, chegou a Ourense a principios dos Oitenta da man do Padre Silva, integrándose nesa grande familia que era o Circo da Cidade dos Muchachos en Bemposta. As miñas primeiras lembranzas do Nano son as de velo bailar na discoteca La Metro do Parque de San Lázaro. Bailaor sen parangón, mellor galante e de moito éxito entre as mulleres. Co paso do tempo xa o lembro adicado á mendicidade. Moitas das noites que saía de farra atopábao durmindo nalgún portal ou garaxe da Avenida da Habana ou da Avenida Castelao. Tamén era habitual velo plenamente integrado nalguna das peñas da grada de fondo do Campo do Couto animando ao noso Ourense, ou en bares como "El Sol" ou o "Barcelona". Os homes que teñen o carácter mulleriego incrementan esa cualidade co paso dos anos, a tendencia habitual dos vicios sempre é ir a de ir a máis e nunca a menos, e O Nano, co paso do tempo, pasou de galán a vello verde pesado e sobón, ou iso era o que me comentaban algunhas amigas que mesmo lle tiñan algo de medo cando o atopaban pola noite. De tódolos xeitos, se é que de verdade morreu, D.E.P.
O Umberto é natural do país veciño. Nos Oitenta adicábase a venda de panos nos semáforos. Lémbrome do meu pai, ao volante do seu Seat 127, subindo as fiestras do coche cando aparecía o Humberto cos panos na man. E non sei como facía o homiño, debía ter o don da ubicuidade, porque practicamente estaba en tódolos semáforos da cidade case á mesma hora. Da venda de panos á venda de chicles, pasando por diferentes adiccións á puta droga. Raro era o día que non saía á rúa e que non aparecía o Humberto para ofrecerme uns chicles mentres contaba algúns dos seus chistes (hai que recoñecer que algúns eran bos). Cáeme ben, é un personaxe típico das nosas rúas. Sentín tristeza cando hai semanas lin esta noticia en "La Región". Non mo podía crer no Humberto, aínda que cando a necesidade apreta ás veces a vida ofrece moi poucas alternativas. Síntoo por el, pero se as fixo, ten que pagalas. A mín non me faría ningunha gracia estar durmindo no meu piso e que entrase alguén a roubar, as cousas como son.
O Nano e o Humberto, dous persoas sen sorte que forman parte da Intrahistoria da Auria.
Humberto tine 40 tacos? Alucino.
ResponderEliminarUnidad de delincuencia especializada y violenta. Menudo despliege.
Sí, eso fue que me despistó a mí, que al principio, no podía creer que fuera él.
ResponderEliminarHumberto tiene que tener más de 40 tacos, o eso, o las drogas queman mucho.
Pero de todas formas, es imposible que sea de mi edad. Joder! cuando teníamos 11-13 años y bajábamos con el viejo en coche desde el Sobral, ya andaba el Humberto buscándose la vida en los semáforos, y no era de mi edad ni de coñas, ya parecía bastante más mayor. Yo le echo unos 50.
ResponderEliminarSí, unidad de delicuencia especializada y violenta, jajja. Me parto, y total, para lucirse con un pobre pringao. Podían desplegarse así contra los mafiosos de la dronja que se están haciendo multimillonarios a costa del sufrimiento de gente como el Humberto.