miércoles, 10 de febrero de 2010

O ENTROIDO VAISE DE BARRIOS (III): OS FRADES DE FREI CANEDO





Outro Entroido do que se pode desfrutar sen saires da cidade é o que organiza a Asociación Cultural do barrio de A Ponte: "Frei Canedo". Unha confraría composta por noventa "frades" para honrar a un frade con pinta de "borrachín".

"Estade atentos amigos/que o que se vai a contare/certo es porque yo lo digo/aunque non sexa verdade. Chejou de la zona de Oseira/con fame y moi cansadiño/al nuestro barrio da Ponte/este frade pequeniño" O resto da copla a podedes ler neste link, merece a pena, é de moita risa.

O programa de actos do Entroido organizado por esta peculiar Confraría, comeza o sábado, e o día grande é o luns. Para ese día teñen preparado un Potafumeiro (se en Santiago teñen o Botafumeiros, no barrio da Ponte non ían ser menos), co que bendicirán o lugar e ordenarán aos novos cónfrares, e logo sairán en proocesión polas rúas de A Ponte, para terminar cunha cea e un baile ata altas horas. Aquí tendes o programa completo deste singular Entroido pontino.

A confraría de Frei Canedo tamén participará no grande desfile do domingo polas rúas do centro de Ourense.

Unha das poucas fotos que se conservan de Frei Canedo...(coño! digo eu, e a mín que me ten un certo parecido con Gaspar LLamazares...¿terá tamén algo que ver o FBI (Federación de borrachos independentes) con esta casualidade?  ):



No hay comentarios:

Publicar un comentario