
Soy Michael O'Leary, el superjefazo de una multinacional. Ofrezco a mis clientes los precios más bajos del mercado y para conseguirlo, no dudo en pasarme por el arco del triunfo todas esas pamplinas de la competencia desleal. Ahorro en personal todo lo que puedo para obtener más beneficios. Trato como a una mierda a los trabajadores que tengo a mi cargo. ¿Copilotos? para qué los quiero, ¡a la puta calle, hombre ya!. Creo en la libertad de empresa y estoy en contra de todo lo que huela a intervención estatal. La Administración es un lastre para la economía. Hay que privatizar, lo público está obsoleto, no es productivo. Menos Estado y más mercado.
(Pocos minutos después)
.
.
.
- Toc, toc ¿Es ahí la Administración?
- Sí ¿quién es usted?
- Soy el de Ryanair y vengo a por la subvención pública
- Pero ya le hemos dicho que habrá que negociarlo, que ese dinero público es de todos los gallegos y a fin de cuentas, el IVA lo ingresa usted en Irlanda y los beneficios que su compañía obtiene paga impuestos fuera de nuestro país. Además ¿usted no es de los que defienden la libertad de empresa y que si lo público bla, bla, bla?
- Bueno, bueno. Eso no es asunto suyo. Ustedes verán lo que hacen. Si dejan de patrocinar a mi empresa con dinero público, amenazo con una campaña de difamación en los periódicos.
----
Lo triste es que el fondo de esta historieta no es de coña, es real:
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2010/10/23/0003_8801511.htm
Joder, que artículo de opinión más oportuno. Cien por cien de acuerdo con Luís Ventoso:
http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2010/10/24/0003_8804308.htm?idioma=galego
"Mola voar a Roma por tres chavos e tomarse un capuchino na piazza Navona. A todos nos encanta ver a Springsteen ou a Arcade Fire cando teñen a sorprendente xentileza de vir tocar a unha cidade de 90.000 habitantes. E é unha marabilla que en Galicia haxa ópera a prezos dunha entrada do Celta. Pero a dúbida é se con 4,6 millóns de parados, longas lista de espera hospitalaria e pensións conxeladas, os Gobernos teñen que dedicarse a subvencionar voos ás capitais europeas, concertos de rock e os alardes dos divos do bel canto.
As execrables presións de Ryanair sobre a Xunta, que roldan o que en castelán se chamaría chantaxe, brotan porque antes houbo unha perversión do libre mercado. As chamadas aeroliñas de baixo custo, que son empresas privadas que compiten nunha contorna aberta, reciben axudas públicas en prexuízo doutras compañías dedicadas a ese mesmo negocio. ¿Sería lexítimo que Adriá abrise un Bulli en Santiago con menú a 7 euros porque o resto o custea a Xunta? Non. Aínda que o Goberno alegase que así se promociona Galicia, todo o mundo entendería que é un modelo absurdo.
Os problemas de Galicia non están en que haxa máis ou menos conexións baratas con Xenebra ou Ámsterdam. Podemos vivir ben sen ver a Springsteen e sen voar a Roma. Pero vivimos mal cando os pais que traballan non atopan garderías, cando xa non se pagan axudas aos novos dependentes, ou cando 3.500 galegos teñen que esperar seis meses para pasar por quirófano. Se Galicia quere máis turistas, debe ofrecer máis calidade e promocionarse a lume de biqueira como destino de alto atractivo. Pero arranxarlle o balance a Ryanair cos nosos impostos ten graves problemas. Entre outros: ¿Por que han de sufragar ese luxo os miles de galegos que teñen outras necesidades moito máis perentorias e xamais collen un avión?
O con Roberto Blanco Valdés:
http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2010/10/24/0003_8804030.htm?idioma=galego
"O termo piratería aérea tiña ata agora un significado moi preciso: era a acción consistente en secuestrar unha aeronave, reter como reféns á súa pasaxe e pedir a cambio da liberación o que fose que os piratas esixisen. Tras coñecer onte, por unha ampla reportaxe de La Voz, que os directivos da compañía Ryanair estivo presionando á Xunta, para obter a subvención que ata a data viña recibindo, mediante a ameaza de que ou se lle daba a pasta ou organizarían unha campaña de prensa destinada a desprestixiar ao Goberno autónomo galego, a piratería aérea adquire un significado descoñecido ata a data.
Tal intento de chantaxe é motivo sobrado para que as nosas Administracións públicas se neguen en redondo a seguir subvencionando a unha compañía sobre cuxos métodos de traballo cabe extraer moi preocupantes conclusións á luz de como se conduce para obter aquilo que desexa. Se Ryanair é capaz de facer coa Xunta o que finalmente non puido porque o seu presidente, actuando como debe, negouse en redondo ás súas presións, ¿que cabe esperar que non fará cos seus indefensos pasaxeiros ou con eses novísimos empregados que conforman o seu persoal?
Pero é que hai máis. Pois o tema de fondo é o de se as nosas Administracións deben empregar o diñeiro público para financiar unha actividade empresarial que utiliza eses fondos para facer competencia desleal a quen prestan, sen subvención, un servizo similar. Os billetes que vende en Galicia Ryanair son frecuentemente moi baratos, pero o seu prezo real resulta en realidade bastante diferente, pois ao que pagan os viaxeiros habería que engadir en cada caso a cota parte resultante de aplicar os 587.000 euros anuais (cen millóns de pesetas) que paga Turgalicia -é dicir, que pagamos todos- á aeroliña que tanto presume de voos moi baratos.
Alguén podería argumentar que tamén outros medios de transporte (por exemplo, os autobuses urbanos) adoitan estar subvencionados de forma directa ou indirecta, pero a diferenza é substancial: o transporte urbano é un servizo público esencial, cousa que non pode dicirse, desde logo, das liñas que Ryanair mantén con Londres, Roma ou Frankfurt, que serían as que, segundo ameaza o tal O'Leary, resultarían suprimidas se non solta a pasta Turgalicia.
Sen dúbida, para quen o facemos de cando en vez, é moi cómodo poder viaxar, sen ter que pasar por Madrid, ás citadas capitais europeas, pero ninguén no seu san xuízo, e moito menos quen se autodenomina progresista, pode defender que se siga dando diñeiro a Ryanair cando a crise esixiu reducir gastos en necesidades perentorias aos sectores máis desprotexidos da nosa poboación."
He leído de nuevo el artículo de Luis Ventoso y corrijo: No estoy al cien por cien de acuerdo con su opinión.
ResponderEliminarQue Galicia se quede sin vuelos directos a varias capitales europeas me parece un atraso. No todo el mundo viaja a Londres o a Roma para tomarse un café o en plan viaje de placer, también hay gente que viaja por motivos laborales, familiares, etc. Además, analizándolo en sentido inverso, el turismo procedente de esas capitales con destino Galicia también se resentirá e incidirá negativamente en nuestra economía.
Lo que critico es otra cosa y espero que quede claro en mi texto. Critico la "extorsión" y la cultura de subvención que tienen muchas de estas empresas. Deberían darse cuenta que son empresas que compiten de forma desleal en una economía de mercado con otras empresas y que no tienen (ni deben tener) la consideración de transporte público. En definitiva, que estos de Ryanair tienen un morro que se lo pisan.