sábado, 30 de julio de 2011

Ourensáns ilustres: Dona Concha





Qué ourensán non ten gravada na retina a imaxe de dona Concha subindo pola rúa de San Miguel camiño da Praza do Ferro, co seu andar paseniño, co seu arrecendo a cigarro puro. Quén non a lembra amosando o seu lado máis xaraneiro na tribuna do Campo do Couto, onde non faltaban as súas tracas de petardos, os seus platillos, os "me cago en cristo bendito" e os insultos a xogadores e afeizoados visitantes. Cánta poesía de rima consoante en "uta" e cánta cantiga de maldicir saía desa boquiña. Grande Concha, descanse en paz, ogallá deus lle dese a gloria que sempre lle negou ao equipo de fútbol dos seus amores.




E xa que estamos, insiro unha foto dun Ourense-Celta do ano 1959, co "Estadio José Antonio" a rebentar de xente.








É de xustiza dicir que as fotos as collín deste grupo de facebook:

http://www.facebook.com/#!/pages/Historia-de-CD-Ourense/159737084074380


No hay comentarios:

Publicar un comentario