
En Maus de Salas, unha pequena aldea de escasos cen habitantes localizada no Concello de Muíños, atópase un dos conxuntos megalíticos máis importantes de Galicia. De entre estes restos megalíticos destacan dous dólmenes: o que se coñece como a Casiña da Moura (que foi excavado por Florentino Cuevillas en 1927 e que na actualidade non se atopa na súa localización orixinal) e o dolmen das fotos, coñecido como a Casola do Foxo. A súa construción data do ano 3000 antes de Cristo. Máis información.
Da serie "debuxa a túa aldea e serás universal".
No hay comentarios:
Publicar un comentario