miércoles, 18 de agosto de 2010

GARAGE UNDERGROUND!



Documento histórico: THE LYRES no Rock Club, ano...¿1999?, creo que sí. Por alí estábamos toda a tropa, aínda que no video só se ve ao Nacho e ao Juanqui dándoo todo na primeira fila. Que tempos aqueles dos 28 anos... Co concerto levei unha pequena decepción aínda que como festa estivo ben. Jeff Connolly estaba en moi baixa forma e os Lyres distaban moito de ser os Lyres dos que tiña tódolos seus discos, algún en vinilo comprado a principios dos Noventa. Naqueles anos era moi afeizoado ao rock de garaxe e a todo o relacionado co underground. Como ten que ser, merda para o indie e os festivais da Xunta ¡viva o rock de garaxe, as salas pequenas e o underground de verdade!



No hay comentarios:

Publicar un comentario